¿Tendes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade.
A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores; é a Piedade crea da polos canteiros.
Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai.
Para os artistas canteiros Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais.
Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.
Aprovecho para decir que en Tierra de Montes concello de Forcarei tenemos unos cuanto cruceiros, ¡Cuanto se pecaba!Mas ejemplos de Cousas de Castelao en http://www.manuelrivas.com/cousas/cruceiro.htm